Como é posible que me ofrezan a posibilidade de atenderme en Inglés, alemán ou árabe e non sexa posible en galego?
O Galego é unha das catro línguas oficiais do estado e todx cidadán ten dereito a expresarse nela.
Movistar ofrece a posibilidade de atender en sete idiomas, ademáis dos mencionados arriba están: o euskera, o catalán o galego, e evidentemente o castelán.
Pero, no momento que solicitas a atención en galego non é posible porque non hai ninguén que che poida atender no idioma. Polo tanto véxome na obriga de cambiar ao castelán, e en consecuencia estanme quitando o meu dereito a expresarme na miña língua.
Considera que todxs deberíamos facer presión pra que iso non suceda. Descoñezo se co resto de línguas oficiais teñem o mesmo problema, se é así, anímoas e que tamén reclamen.
Un saúdo