Paréceme incríbel o que estou a ler sobre a ausencia de subtítulos en Galego, máis aínda cando si os teñen noutras linguas do Estado. É unha clara diferenza de trato, de trato irrespetuoso. E canto ao que comentou outra persoa sobre se hai subvencións das administracións locais, sinto dicir que non me vale como argumento para tratar a uns clientes mellor ca outros. De calquera xeito, por decisións coma estas, non serei cliente voso. Moito tedes que mudar!!
... Mostrar más