Foro
Hoxe mesmo veu o técnico de Circet co novo router MitraStar IGW-1121GX4X4-M v3 coa SIM insertada desde a central, pero o servizo segue sen funcionar. O router pon "FAIL / Estado de la red: Desconectado".
Puiden acceder á configuración interna do router (192.168.8.1) e o diagnóstico técnico de rede é moi claro:Estado da SIM: Indica "OK", o PIN lense correctamente e a tarxeta está activa.
Fallo de APN e Protocolo: O router vén configurado desde a central intentando conectar co perfil APN antigo af3g (af3g.movistar.es), que pertence ao servizo de radio vello e que as torres 5G actuais están rexeitando por perfil de cobertura incorrecto.Bloqueo IMSI/IMEI: A torre denega o rexistro da rede móbil e o router queda a cero de sinal porque non se realizou o aprovisionamento correcto nin o "casamento" do novo IMEI do MitraStar co IMSI da liña en modo 5G. Ao probar a SIM nun teléfono móbil, le a rede pero tampouco recibe datos nin voz, confirmando que o perfil da liña está capado.Solicito de xeito urxente que un enxeñeiro de soporte técnico de segundo nivel ou de Planta Externa faga o seguinte:
Modifique o perfil de provisión da miña SIM en central (HLR/HSS) para cambiar o protocolo do APN antigo af3g ao perfil correcto de Hogar Conectado 5G.
Vincule correctamente o IMEI do meu novo router co IMSI da SIM para que a torre non rexeite a conexión.
O router só amosa os perfís cargados en central af3g e afrestatico (por IP estática do contrato anterior). Preciso que actualicedes o meu perfil de provisión dende sistemas ao APN moderno.